Utilizamos a enerxía xeotérmica denominada de "moi baixa temperatura" para aproveitar a temperatura do solo, extraendo a enerxía e transportandoa a través dunhas tuberías con auga e anticonxelante a unha bomba de calor, e de ahí á nosa instalación como por exemplo calefacción e auga quente para vivendas, edificios, explotacións agropecuarias, etc.

        A gran vantaxe é que a partir de 15 metros de profundidade a temperatura mantense constante independentemente da estación, aumentando 1º C cada 33 metros. As condicións climáticas externas apenas inflúen na captación vertical, podemos dicir que en Galicia de forma xeral temos unha temperatura do solo constante de 15-16º C, en captación vertical.

           As bonbas de calor xeotérmicas gracias en parte a esta temperatura constante da terra alcanzan un C.O.P (rendimento) de entre 4 e 4,5. Isto quere dicir que de cada 1.000 W eléctricos de consumo do compresor, obtemos ata 4.500 W de enerxía térmica para a nosa instalación.

         Existen varios tipos de captación xeotérmica, aínda que a máis común é a cpatación vertical mediante pozos.

            Por exemplo para unha vivenda de 200 m2 podemos estimar, con calefacción por chan radiante e auga quente sanitaria necesitaríamos unha bomba de calor de 12 Kw térmicos (3.000 W de consumo eléctrico), e duas perforacións de 110 m. Aínda que cada caso será estudiado e dimensionado específicamente.

              Dende Foelca realizamos o estudio para cada caso concreto, así como a execución da instalación xeotérmica.
Mediante a enerxía xeotérmica obtemos un aforro de ata un 80% respecto a outras enerxías convencionais.




Ener-Design/Enertres